ZEC Serra do Xistral

As serras setentrionais lucenses acadan o seu cumio no Xistral, coroado polo Alto do Cadramón, con 1062 metros de altitude. Neste espazo natural, que marca o límite do interior provincial coa Mariña Lucense, a peculiar climatoloxía derivada do estancamento das nubes propicia a existencia dunha maior pluviosidade. Estas condicións fan posible o encharcamiento do terreo, dando lugar á formación de zonas húmidas de gran fraxilidade ecolóxica como as turbeiras de cobertor, consideradas un dos maiores reservorios de carbono do suroeste europeo, onde campan manadas de cabalos en liberdade.

O Xistral é tamén cabeceira dalgúns dos ríos da vertente cantábrica lucense como o Landro, o Ouro e o Masma, e do río Eume na vertente atlántica galega.

Nas inmediacións deste espazo natural atopamos verdadeiras reliquias de gran relevancia natural e etnográfica como a fervenza do Escouridal, a capela de Santa Filomena do Cadramón ou a pena abaladoira de Alfoz.

 

Imaxe
Xistral