Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación colabora cunha nova edición da Foliada da Fonsagrada

Pilar Garcia Porto
Fonsagrada
foliada
Presentación V Foliada da Fonsagrada
A institución provincial colabora co este encontro musical, que“aproveita a riqueza musical para promocionar todo o patrimonio do municipio, e con elo dinamizar a actividade económica”, subliñou a Deputada de Turismo

A Deputada de Turismo e voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, e membros da Asociación Cultural Petapouco e a Destempo, participou este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos na presentación da V Foliada da Fonsagrada, que terá lugar este venres e sábado. Este encontro xa asentado na comarca achegará á capital da montaña lucense a mellor música tradicional galega.

García Porto destacou que a Deputación colabora co evento a través do Servizo Audiovisuais dándolle difusión. “Facémolo porque, ademais de dinamizar a vida social da Fonsagrada, aproveita a nosa riqueza musical para promocionar todo o patrimonio cultural, natural e gastronómico do municipio, e con elo dinamizar a actividade económica, sobre todo no sector servicios”, subliñou a Deputada.


O programa da Foliada inclúe os tradicionais cantos de taberna, obradoiros de baile tradicional, gaita, percusión e trompa, feira de artesanía e concertos, entre outras actividades.Ademais, dende a asociación Petapouco e a Destempo cada ano lembran a un artista da zona dedicado ao mundo da música tradicional galega. Nesta ocasión, é Sergio da Veiga o músico homenaxeado.

Programa
Venres, 6:
- 10:30 horas: Polavila Miúda 
-11:00 horas: Roteiro e obradoiro de gaita, a cargo de Pepe Vaamonde e obradoiro de percusión a cargo de Miguel Anxo López Chino.
- 17:00 horas: obradoiro de trompa con Daniel do Pando.
- 22:00 horas: PolavilaD´Antes coa música de Nela, Modesto e Amigxs.
- 23:horas: Concertos de As Cantigas de Elena e Os da Porfía

Sábado, 7
-11:00 horas: Homenaxe de Sergio da Veiga, e apertura da foliada e da Feira de Artesanía.
- 12: 00 horas: Pasabares cos grupos Treboada e Os Faiscas da Pontraga.
- 17:00 horas: Obradoiro de baile con Lis Latas.
- 18:30 horas: As historias de Celso Fernández Sanmartín.
- 20:00 horas: Cantos de Taberna.
- 23:00 horas: Concertos de XiscoFeijoó trío, Xosé Lois Romero e Aliboria e Caldo e os Rabizos.