COVID-19
NORMATIVA VIXENTE NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.(Data de publicación 19 de xaneiro do 2021)
Dende o 29/07/2020, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto dos cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles deberán, nun prazo de 24 horas, comunicar os datos de contacto e de estadía na seguinte web ou número de teléfono:
Territorios afectados pola obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo do 2020 (RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021):
CCAA | Aragón, Illes Balears, Castilla- La Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Extremadura, Madrid, Melilla e A Rioxa |
Europa | Acerbaixán, Albania, Alemaña, Andorra, Armenia, Austria, Bélxica, Belarús, Bosnia, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia,Francia, Holanda, Hungría, Italia, Kersei, Latvia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido, Romanía, Rusia, San Mariño, Serbia, Suíza, Suecia, Turquía, Ucraína, Xeorxia e Xibraltar. |
Asia | Bangladesh, India, Irán, Israel, Iraq, Kazakstán, Kirguistán, Líbano, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen, Vietnam e Xordania. |
América | Aruba, Belice, Bermudas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Curaçao, Ecuador, Estados Unidos, Illas Malvinas, Illas Virxes, O Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá, Paraguai, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e San Martín. |
África | Todos os países. |
Oceanía | Guam e a Polinesia Francesa |