ZEC Río Ouro

Polos municipios de Alfoz, O Valadouro e Foz, o río Ouro describe un curto percorrido desde a Serra do Xistral, formando o denominado “Val de Ouro”. No seu tramo final, sometido á influencia das mareas, o río desemboca formando a ría de Fazouro, no municipio de Foz. O seu últimos seis quilómetros poden percorrerse seguindo unha ruta de sendeirismo de baixa dificultade que se inicia na área recreativa de Fazouro e remata no salto de auga denominado A Pena da Ruxida, nas proximidades do pazo dos Condes de Fontao.

 

Imaxe
rio ouro