ZEC Río Eo

Os tramos medio e final do Eo ao seu paso polos municipios da Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Riotorto, A Pontenova, Trabada e Ribadeo están protexidos como Zona de Especial Conservación, configurándose como o fogar de especies incluídas nas directivas Europeas reguladoras da Rede Natura como o salmón, o sábalo, a boga, a lamprea mariña ou o mexillón de río.

 

Ao longo do seu percorrido, o Eo regálanos tramos espectaculares como os que poden percorrerse seguindo o carreiro de pescadores da Ribeira de Piquín ou a Vía Verde do Eo, que se inicia o os altos fornos de fundición da Pontenova e continúa 12 quilómetros ata San Tirso de Abres seguindo a pegada do antigo tren mineiro.

 

A Ría de Ribadeo, desde Trabada ata o Faro de Illa Pancha, está declarada humidal protexido e figura na relación de espazos naturais incluídos no Convenio Ramsar (ver humidal protexido Ría de Ribadeo).

Imaxe
RÍO EO