ZEC A Marronda

O municipio de Baleira acolle entre os seus tesouros a Marronda, un maxestuoso exemplo de bosque autóctono galego en excepcional estado de conservación que acompaña o enérxico percorrido do curso alto dos ríos Neira e Eo.

Dentro da flora, as especies caducifolias adquiren un especial protagonismo que culmina coa presenza dun dos máis excepcionais faiais do territorio galego. A Marronda é ademais o fogar de numerosas especies de pequenos réptiles e anfibios, aves de rapiña e pequenos mamíferos que teñen neste bosque unha extraordinaria fonte de alimento.

A ruta circular PR- G 145 Marronda- Alto Eo permite adentrarse na frondosidade deste bosque de conto e seguir os pasos dos seus cursos fluviais gozando do encanto de fervenzas como a de Acea da Serra e o Pozo da Ferreira e de elementos de arquitectura popular que mostran a estreita relación entre o ser humano e a paisaxe.

Imaxe
A Marronda