Cemiterios Singulares

 

A provincia de Lugo conta cunha serie de cemiterios singulares que, ben polo seu deseño, a súa orixe ou as esculturas que ten no seu interior, merece a pena ser descubertos.

 

-Cemiterio de San Froilán (Lugo)

 

O cemiterio de San Froilán, situado preto da Ruta Xacobea, data de 1948, aínda que nel foron instalados panteóns do antigo cemiterio municipal. Foi construído polo arquitecto Eloy Maquieira sobre unha antiga necrópole megalítica e pertence á "Ruta de Cemiterios Históricos Europeos".

 

Horarios de visita:

De luns a sábado, 10:00 a 13:30 e 15:00 a 18:30

Domingos, 11:00 a 14:30

Cemiterio de San Froilán

 

-Cemiterio de Xerdiz (Ourol)

 

Cemiterio construído en 1906 a través das doazóns de 64 veciños residentes en Cuba.

É un claro exemplo de arquitectura indiana e destaca polos seus panteóns construídos en pedra con columnas moi traballadas e coroadas por cruces, santos, esculturas e motivos relixiosos.

 

 

-Cemiterio Vello (Mondoñedo)

 

Antigo cemiterio municipal caracterizado pola diferenciación feita entre as sepulturas das diferentes clases sociais. Na súa parte alta localízanse os grandes panteóns, o espazo central é para a clase media e na parte baixa atópanse as persoas máis humildes soterradas no chan. Tamén conta cun lugar no lateral onde se localizan as tumbas daqueles que non estiveran bautizados ou que se declarasen ateos.

Destaca a presenza das sepulturas de persoeiros mindonienses coma Álvaro Cunqueiro ou Pascual Veiga.

Cemiterio Vello

 

-Cemiterio de Goiriz (Vilalba)

 

Cemiterio neogótico situado no Camiño Norte a Santiago de Compostela. Caracterízase polos seus nichos están coroados por traballados pináculos labrados en pedra rematados con cruces elaboradas polos Canteiros de Román.

Cemiterio de Goiriz

 

-Cemiterio da Devesa (Ribadeo)

 

Cemiterio anexo á igrexa de Santalla da Devesa. Foi financiado por indianos e mostra construcións de elegantes formas relacionadas có Art Decó.

Cemiterio