ZEC Monte Maior

En plena Mariña Lucense, nos municipios de Viveiro e Xove, álzase a Serra de Monte Maior, lugar de nacemiento de varios afluentes da conca do Landro entre os que destaca o Loureiro, que no seu percorrido deixa espectaculares estampas como a da fervenza do Pozo da Ferida.

O espazo natural esténdese dende o litoral ata os Montes de Buio, o que permite que dende os seus cumios se poida obter unha incrible panorámica da Mariña costeira e interior. Ademáis, a paisaxe da serra de Monte Maior caracterízase pola súa xeoloxía, sendo frecuentes os afloramentos de rochas graníticas erosionadas. No referente á flora, sobresaen as formacións de turbeiras, que conviven con bosques de piñeiros e eucaliptos e con pequenas masas de vexetación autóctona formadas por salgueiros e bidueiros no curso dos ríos.

 

Imaxe
Monte Maior