ZEC Serra do Careón

Abarca parte dos municipios lucenses de Friol e Palas de Rei, facéndose extensivo aos veciños de Melide, Santiso e Toques na provincia da Coruña. Nestas terras xacobeas, o Careón perfílase como unha das serras integrantes da Dorsal Galega, sendo un elemento común a todas elas a súa moderada altitude, que aquí acada o máximo de 798 metros.

 

É neste espazo natural onde ten a súa cabeceira a conca do río Ulla, que dá nome á lucense comarca da Ulloa e que se nutre das achegas dos ríos que afloran desde o corazón desta serra como son o río Pambre, o Narla, o río Seco ou o Furelos.

 

Entre as principais singularidades do Careón destaca o seu substrato xeolóxico composto por rochas de diverso tipo como granitos, gneis ou esquistos, entre outros, o que a levou a figurar no rexistro de puntos de interese xeolóxico por parte do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

 

Imaxe
SERRA DO CAREÓN