ZEC Cruzul- Agüeira

Entre os municipios de Becerreá e As Nogais sitúanse as máis de 618 hectáreas que ocupan o singular aciñeiral de Cruzul e o denominado Souto de Agüeira, un espazo natural da rexión bioxeográfica atlántica con peculiares características xeolóxicas que permiten a convivencia entre especies mediterráneas (as aciñeiras de Agüeira) con especies autóctonas no souto de castiñeiros de Cruzul, que na súa parte máis elevada convértese en bosque mixto grazas á presenza de carballos.

 

Na parte baixa do souto de Agüeira sitúase o coñecido bosque dos grobos, onde sobresaen impoñentes afloracións de rocha caliza modeladas pola humidade (os chamados grobos) que dan a este lugar un ambiente case máxico. Aquí pódese gozar dun colorido espectáculo de contrastes propiciado polo xogo de luces e sombras que conseguen penetrar entre a densidade dunha vexetación que convida a adentrarse nun universo paralelo.

 

Imaxe
Grobos