Deputación de Lugo
Turismo

O Goberno da Deputación impulsa os produtos do mar colaborando con 4.000 euros coa Festa do Chícaro en Foz

O Goberno da Deputación impulsa os produtos do mar colaborando con 4.000 euros coa Festa do Chícaro en Foz
A Deputada e o Alcalde presentaron este venres a cita gastronómica coa que colabora o Executivo Provincial e que terá lugar os vindeiros días 19 e 20 na carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos do municipio

García Bermúdez destacou que “dende o Goberno da Deputación buscamos por en valor o marisqueo, unha actividade tradicional da costa de Lugo e un sector estratéxico que dinamiza a economía da nosa provincia e que axuda a fixar poboación”

O Goberno da Deputación destina 4.000 euros ao Concello para a celebración desta XVI edición da feira co obxectivo de promocionar o berberecho, un produto autóctono cun factor de singularidade turística capaz de atrae a milleiros de visitantes

Ofreceranse máis de 1.200 kg deste manxar que se poderá degustar ao vapor, empanado, á provenzal ou con fabas de Lourenzá. A ración terá un prezo de 5 euros con pan incluído e as actividades completaranse con música e animacións pola rúas

A Deputada pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este venres na Casa de Cultura a XVI Festa do Chícaro de Foz. Trátase da cita gastronómica que terá lugar os vindeiros días 19 e 20 de xaneiro na carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos de hostalería do municipio. O Goberno da Deputación colabora cunha achega económica de 4.000 euros ao Concello para a celebración desta feira co obxectivo de promocionar o berberecho, un produto autóctono cun factor de singularidade turística capaz de atraer a milleiros de visitantes

García Bermúdez explicou que “dende o Executivo Provincial buscamos por en valor o marisqueo, unha actividade tradicional da costa de Lugo e un sector estratéxico que dinamiza a economía da nosa provincia e que axuda a crear novos postos de traballo, ademais de fixar poboación. Colaboramos con esta cita gastronómica, xa consolidada na mariña, co obxectivo de potenciar e dar a coñecer este produto exquisito e de primeira calidade da nosa provincia, que reunirá durante as dúas xornadas a miles de persoas e que seguro axudará a impulsar o turismo da zona e o consumo nos locais hostaleiros”.

Na XVI Festa do Chícaro ofreceranse máis de 1.200 kg deste manxar que se poderá degustar ao vapor, empanado, á provenzal ou con fabas de Lourenzá. Os pratos preparados na carpa habilitada no peirao de Foz terán un prezo de 5 euros con pan incluído e as actividades completaranse con música e animacións pola rúas.

 

O Goberno da Deputación impulsa os produtos do mar colaborando con 4.000 euros coa Festa do Chícaro en Foz