Deputación de Lugo
Turismo

As rutas fluviais da Deputación, máis accesibles, integradoras e con atención á diversidade

turismo
catamaráns
Imaxe deputación de lugo
O Executivo celebrou unha Xunta de Goberno Extraordinaria para contratar a prestación deste servizo, que introduce melloras no acceso ás embarcacións; unidades de apoio a usuarios con autismo ou audioguías para viaxeiros con dificultades de visión

No ámbito educativo, elaboraranse unidades didácticas para que os nenos que realizan as visitas en catamarán traballen antes e despois da viaxe e poidan deste xeito comprender mellor a información das Rutas Fluviais

A Deputación introduciu melloras no servizo como a Central de Reservas online ou a apertura da oficina de turismo, o que produciu que fosen case 60.000 persoas as que viaxaron nos catamaráns, un 10% máis respecto ao ano anterior

Ata final de ano, hai xa realizaras 8.000 reservas. Os interesados reservar poden facelo ás 24 horas en www.reservas.rutasembalses.es; de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas no teléfono 982 260 196 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org

O Executivo da Deputación celebrou este martes unha Xunta de Goberno Extraordinaria para a contratación da prestación do servizo dos Catamaráns, que segue a ser de xestión pública e que conta co rigoroso control da Deputación, que ademais de facer o seguimento á empresa, fixa os prezos dos tíckets e a recibe os fondos recadados pola súa venda. Dita prestación contratouse por 575.000 euros. Nesta anualidade, as rutas fluviais da Deputación serán máis accesibles e ofrecerán máis atención á diversidades, introducindo melloras para persoas con capacidades diferentes coas que facer máis fácil as viaxes en catamarán a este tipo de persoas.

Concretamente, nesta anualidade incluiranse melloras dirixidas a adaptar as viaxes ás persoas con capacidades diferentes, tanto a nivel físico como de comprensión. No eido da accesibilidade, e co fin de facilitar as viaxes de  persoas con dificultades na súa mobilidade, instalarase un mecanismo de salva escaleiras, que serve para facilitar o descenso dende o aparcadoiro ata a zona do embarcadoiro. Tamén se instalarán ramplas móbiles e cintos de seguridade para as persoas en cadeiras de rodas.

En relación á atención de persoas con capacidades diferentes, introduciranse melloras para reforzar e facilitar a comprensión das rutas. Por exemplo, ás persoas con autismo, recibirán manuais específicos con pictogramas; con déficit de atención ou hiperactividade, pois facilitaránselle os lugares máis pretos á guía e recibirán material de apoio complementario, persoas con dificultades visuais, auditivas ou de comprensión, a través de unidades en braille ou audioguías.

No ámbito educativo, elaboraranse unidades didácticas para que os nenos que realizan as visitas en catamarán traballen antes e despois da viaxe e poidan deste xeito comprender mellor a información das Rutas Fluviais.

Preto de 8.000 reservas
Polo momento, e ata final de ano, hai xa realizaras preto de 8.000 reservas para desfrutar das Rutas Fluviais da Deputación en Doade e Belesar, nas rutas Cabo do Mundo e Cabo do Home. Os interesados en facer a súa reserva poden facelo ás 24 horas en www.reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas no teléfono 982 260 196 e no e-mail catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. No Pazo de San Marcos, no departamento de Turismo, profesionais da Deputación tamén atenden persoalmente a todos os interesados.

60.000 viaxeiros
Durante os últimos anos, o Goberno da Deputación introduciu importantes melloras no servizo de catamaráns, o que produciu que durante o 2018, foron case 60.000 persoas as que viaxaron nos catamaráns da Deputación, un 10% máis respecto ao ano anterior. Entre as melloras executadas, destacan, a posta en marcha da central de reservas online, aberta 24 horas ou a apertura dunha oficina de turismo en Doade con profesionais que informar sobre a riqueza da Ribeira Sacra ou a mellora das propias embarcacións, entre outras.