Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación presenta na Estación Científica o 1º proxecto de turismo científico dos Ancares-Courel

Ancares
Courel
turismo
Presentación proxecto de turismo científico Ancares-Courel

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou este xoves o primeiro proxecto de turismo científico dos Ancares-Courel, que pon en marcha o Goberno Provincial, pois e unha das iniciativas definidas no Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020). Fíxoo na estación científica de Seoane do Courel logo de telo presentado esta mesma semana en Cervantes, pois é outros dos Concello nos que se desenvolverá este proxecto que busca potenciar turisticamente este espazo natural da provincia.  

Este proxecto trata de poñer en valor os recursos científicos para desenvolver económica e socialmente a provincia a través do turismo. Desenvolverase nunha espazo de 102.635 hectáreas, converténdose no plan turístico-científico coa maior zona de estudo de Galicia. Abrangue os municipios de Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Consta de dúas fases, unha de certificación, que comeza de xeito inmediato; e outra de desenvolvemento de actividades específicas no territorio.

Fase de certificación: supón un amplo estudo sobre as potencialidades turístico- científicas. Contará coa participación directa de expertos da Universidade de Santiago de Compostela, así como dos Concellos implicados, colectivos sociais do territorio e entidades. Arranca agora en outubro e previsiblemente se prolongará ata decembro.

Fase de desenvolvemento de actividades específicas: as actuacións concretas a desenvolver definiranse tamén coa participación de todos os axentes implicados na fase de certificación. Incluiranse roteiros, conferencias ou xornadas de bioloxía, micoloxía, xeoloxía ou botánica, entre outros. Estarán dirixidas á cidadanía en xeral ou a profesionais do sector.