Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Arranca a 5ª Edición Volta as Comarcas na que 172 corredores percorrerrán 12 Concellos

5ª Edición Volta as Comarcas
Desafío Volta a Lugo
Arranca a 5ª Edición Volta as Comarcas na que 172 corredores percorrerrán 12 Concellos
A Praza Maior acolleu a saída a unha nova edición do Desafío Volta a Lugo, a cita deportiva percorrerá 12 Concellos da Provincia durante o días 18 e 19 de maio.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, participaron, este venres, na saída da 5ª Edición do Desafío Volta a Lugo que se celebrou na Praza Maior. A cita deportiva contará con 172 corredores de toda España e percorrerá 12 Concellos da Provincia durante os días 17, 18 e 19 de maio.

Rivera Capón sinalou que “arranca unha nova edición do Desafío Volta a Lugo, que ao longo desta fin de semana recorrerá a nosa Provincia. Tratase dunha proba xa asentada na que cada ano participan máis ciclistas. Ademais hoxe contamos coa presenza do humorista David Amor, que participará na primeira etapa. Unha cita clave para dar a coñecer Lugo como destino do turismo activo e deportivo”.

O Desafío constará de 3 etapas, un total de 265 quilómetros, cun desnivel acumulado total de 4.900 metros. A carreira percorrerá os concellos de Lugo, Castro de Rei, Pol, Ribeira de Piquín, Pontenova, Lourenzá, Riotorto, A Fonsagrada, Baleira, Baralla, Láncara e O Corgo. A primeira etapa partirá de Lugo terá 86,1 quilómetros, con meta na Pontenova, de onde partirá tamén a segunda etapa e percorrerá 92,7 quilómetros ata chegar A Fonsagrada. A derradeira etapa rematará outra vez en Lugo, nunha xornada de 85,8 quilómetros.