Unha vintena de actividades gratuítas conforman a programación de Nadal da Deputación para hoxe e mañá
Haberá actividades nas rúas, representacións teatrais e obradoiros nos museos da Rede Museística, recitais nas rúas e nas distintas igrexas parroquiais
O Goberno da Deputación organiza máis dunha vintena de actividades lúdicas e gratuítas para este mércores e xoves 26 e 27 de decembro, dentro da súa programación de Nadal. Trátase de actividades de carácter lúdico, cultural, e educativo dirixidas aos máis pequenos e ás familias, que terán lugar tanto na cidade de Lugo como nos Concellos da provincia. Entre os distintos actos, haberá recitais de corais, representacións teatrais ou obradoiros.
Vive o Centro este Nadal
Dentro da campaña de apoio ao comercio de Lugo, celebraranse actividades gratuítas dirixidas, na súa maioría, aos máis pequenos. Terán lugar na Praza Maior de Lugo así como nas rúas do casco histórico, entre o 20 e o 4 de xaneiro.
Mércores 26
11:00 a 13:00 horas - 17:00 a 19:00 horas: Animación percorrendo as rúas do centro con Boneco de Neve
12:00 a 14:00 horas - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior
Xoves 27
12:00 a 14:00 horas - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 horas: Teatro coa obra Un Paxe Real en Apuros, na carpa da Praza Maior
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior
Mercado de Nadal e actividades
Continúa aberto o Mercado de Nadal na Praza de San Marcos, que conta con 13 artesáns, así como unha caseta dedicada a programación propia que inclúe actividades e obradoiros.
Paralelamente ao Mercado de Nadal, a Deputación organiza, do 21 de decembro ao 4 de xaneiro 11 actividades infantís gratuítas, entre as que destacan espectáculos de maxia ou deseño e decoración para as festas. Todas terán lugar na Praza de San Marcos e celebraranse en quenda de tarde, de 16:00 horas a 20:00 horas.
- Mércores 26 de decembro: Contos e lendas de Nadal
- Xoves 27 de decembro: Postais en 3D
O Nadal na Provincia
O Goberno da Deputación leva de xeito completamente gratuíto aos concellos da Provincia 100 actividades dentro da súa programación de Nadal.
26 de decembro:
- Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 horas. Centro Sociocultural, Riotorto
- Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 horas. Casa Consistorial, O Páramo
- Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 horas. Campo do Mosteiro de San Salvador, Lourenzá
- Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 19:30 horas. Antigas Escolas, Paradela
27 de decembro:
- Planetario Ciencia Kids. Ás 10:30 e ás 13:30 horas. Antigo Instituto, A Fonsagrada
- Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 horas. Local Social, Muras
- Planetario Ciencia Kids. Ás 16:30 e ás 19:30 horas. Pavillón Municipal, Meira
- Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Ás 16:30 horas. Concello Novo, Abadín
Obradoiros na Rede Museística
O Goberno da Deputación tamén realiza obradoiros na Rede Museística. Estas actividades contan cun total de 320 prazas, aínda que tamén hai actividades sen límite de asistencia, por exemplo, continúa o programa Musavisitas pola Rede, que ofrece visitas guiadas gratuítas.
Os obradoiros, totalmente gratuítos, son diferentes en cada unha das sedes, atendendo as particularidades das súas coleccións e as demandas dos participantes. As inscrición está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar o obradoiro.
Dentro do programa de Actividades para o Nadal 2018 que, como cada ano por estas datas, organiza a Rede Museística da Deputación de Lugo para cada un dos seus museos, as actividades para o mércores 26 e o xoves 27 son as seguintes:
Mércores 26
- Museo Fortaleza San Paio de Narla, ás 12:00 horas: Econadal. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s)
Xoves 27
- Museo Provincial de Lugo, ás 11:00 horas, obradorio En busca do tesouro, dirixido nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 10 anos. Nesta actividade os participantes seguirán a pista dunhas xoias perdidas hai tempo pola Vella Dama do Museo.
- Museo Provincial do Mar, ás 11:30 horas, vaise desenvolver outro obradoiro, titulado As árbores do solsticio, no que se falará das árbores como símbolo de fertilidade e de rexeneración para múltiples culturas. Hai moitas e moi fermosas lendas que explican o por que da árbores de Nadal, e nelas vanse mergullar os asistentes ao tempo que realizarán unha. Obradoiro dirixido a todas as idades.
- Museo de Lugo, ás 11:00 horas: En Nadal, a familia en Rede. Obradoiro dirixido a rapaces entre 8 e 12 anos acompañados dun familiar.
- Museo Pazo de Tor, ás 12:00 horas: A túa mirada conta. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s). Ás 17:00 h: Alén da palabra. Obradoiro dirixido a maiores de 55 anos (Club Senior).
Recitais
Ademais a cidade tamén acolle 23 recitais de corais, programados para estas datas, nas que actuarán 12 agrupacións polas rúas e as igrexas parroquiais. A programación para este mércores e o xoves 27 é a seguinte:
Mércores 26
18:30 horas: Cantar Delas, Bispo Aguirre-Praza Maior-Praza Santa María
19:30: horas: Coral Hospital Xeral Calde, Parroquia Sagrado Corazón
Xoves 27
18:00 horas: Asociación Artes Escénicas Fingoi, Mercado de Nadal-Praza San Marcos
19:00 horas: Conxunto Vocal Lugh, Parroquia San Pedro
19:30 horas: Coro Asociación de Amigos Camino de Santiago, Parroquia de San Antonio
19:30 horas: Orfeón Lucense, Parroquia A Milagrosa
20:00 horas: Coral Hospital Xeral Calde, Rúa da Raíña-Fondo Praza Maior- Praza do Campo