Destinos Starlight na provincia de Lugo

A Fundación Starlight promove iniciativas locais, nacionais e internacionais que posibiliten a protección do ceo e o seu aproveitamento científico, turístico e cultural.

Entre as súas actuacións está a Certificación de Destinos Turísticos Starlight, que se definen como lugares visitables con boas condicións para a contemplación das estrelas e que están protexidos da contaminación lumínica facéndoos aptos para acoller iniciativas turísticas relacionadas coa contemplación do ceo como parte esencial da Natureza. Esta certificación busca fomentar a mellora da calidade das experiencias turísticas ligadas á astronomía e á protección dos ceos nocturnos dos Destinos Starlight unindo ciencia e turismo, baseado na astronomía e a visión do firmamento unha nova forma de turismo intelixente que achega criteiros innovadores para o desenvolvemento responsable da actividade.

A calidade do ceo valórase en parámetros de escuridade, transparencia, nitidez e nebulosidade.

A provincia de Lugo, conta con tres destinos Starlight:

-Concello de Muras, desde decembro do 2020

Muras

-A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá , desde novembro do 2023 

Ancares Lucences

-Concello de Chantada dende febreiro do 2025