Concello de Lugo
O Concello de Lugo, con 332 km2, é o terceiro máis extenso de Galicia. O río Miño atravesa este territorio de norte a sur, creando un sistema de afluentes e subafluentes que bañan as súas setenta parroquias rurais, formadas na súa maioría por aldeas dispersas con casas de labranza moi individualizadas. Pero non se pode falar do concello de Lugo, sen falar do seu pasado romano, sendo unha das cidades máis representativas do noroeste peninsular.
NATUREZA
O Concello de Lugo ter un relevo moi suave o que facilita as camiñatas, sendo o punto máis elevado Outeiro Maior, con 725 metros sobre o nivel do mar .O punto máis baixo , con 355 metros, está no río Miño a carón do concello de Guntín.
Lugo é a única capital de provincia peninsular que se atopa dentro dunha Reserva da Biosfera da Unesco, neste caso, a Reserva da Biosfera de Terras do Miño que se estende polo curso alto do río Miño e ten esta cidade como gran centro referencial, de feito na veira do río Rato atópase o Centro de Interpretación Terras do Miño.
Xeográficamente o concello caracterízase pola súa diversidade, por un lado o val do río Mera definido polos terreos graníticos e as paisaxes agrarias con certa elevación, polo outro, o eixo norte-sur está moi ligado ás marxes do Miño e o seu val fluvial cos seus bosques de ribeira formados por amieiros, bidueiros, salgueiros e carballos.
O fluír do río vese interrompido polos tradicionais caneiros, grandes présas destinadas á pesca da anguila e que a día de hoxe. fai unha función reguladora facendo que a estiaxe apena se sinta.
PATRIMONIO CULTURAL
Un dos emblemas da cidade de Lugo son as súas murallas romanas, as únicas co seu perímetro completo e que se estenden por máis de dous quilómetros de lonxitude e que foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000.
A ponte romana, as termas ou o templo de Santa Eulalia de Bóveda, a 14 quilómetros da cidade, son outros dos exemplos desta cultura, que se completa cunha rede de museos que poñen en valor este patrimonio como poden ser a Casa dos Mosaicos, o Centro Arqueolóxico de San Roque, a Domus do Mitreo ou o Centro de Interpretación da Muralla.
Outro dos puntos de interese patrimonial da cidade é a Catedral de Lugo, iniciada no ano 1129, conta con elementos románicos, góticos, barrocos e neoclásicos e foi incluída na declaración de Patrimonio da Humanidade dos Camiños de Santiago.
O Casco Histórico de Lugo conta con outros lugares de interese que merecen ser coñecidos, como a Casa Consistorial do século XVIII, a Praza Maior cuxa extensión actual data do século XIX ou as prazas do Campo ou a de Campo Castelo, así como o Pazo Episcopal, a igrexa de San Pedro, o Museo Provincial de Lugo ou a Igrexa de San Froilán.
GASTRONOMÍA
A gastronomía é un dos reclamos máis importantes desde cidade, dende o tradicional Polbo á Feira ata produtos máis vencellados ao interior da provincia como os derivados da matanza tradicional.
FESTAS DE INTERESE
Dúas festas son as que teñen máis peso na cidade: o San Froilán e o Arde Lucus.
O San Froilán son, como dixo Álvaro Cunqueiro, “as máis belas do outono galego” e están declaradas Festas de Interese Turístico Nacional.
Entre o 4 e o 12 de outubro, a cidade de Lugo convértese no referente festivo do outono galego. Con orixes nun tradicional mercado de gando, as festas patronais de San Froilán seguen mantendo o seu carácter popular e desenvolvendo un programa arraigado na temática que as viu nacer, aínda que con oferta para todos os públicos. Concertos, animación nas rúas, espectáculos infantís, mercado de gando, as tradicionais barracas e, sobre todo, as casetas do polbo, son o referente que atrae cada ano á cidade a milleiros de persoas.
O Arde Lucus celebra, unha vez ao ano, o seu pasado romano e castrexo. Ao longo desta celebración sucédense os espectáculos, os mercados e desfiles que enchen de vida e multitude as rúas da capital da provincia.
Pulsa na seguinte ligazón para acceder á web de Turismo municipal: