Balnearios e fontes mineromedicinais

Auga de Vida

Galicia, con máis de trescentas fontes de augas mineromedicinais, é a comunidade española con maior oferta termal.

Na clasificación de provincias, Lugo ocupa un lugar privilexiado, non só polo seu amplo patrimonio termal, senón tamén por unha longa traxectoria histórica que fai que os usos sociais ligados á auga estean plenamente enraizados na idiosincrasia lucense.

Na actualidade, son tres os balnearios que poñen en valor a oferta termal da provincia a través de instalacións e tratamentos que permiten gozar das augas medicinais tanto dende unha vertente terapéutica como de lecer.

 

Infórmate sobre a oferta termal da provincia:

Balneario de Lugo

 

Hotel Balneario e Termas Romanas de Lugo

Camiño do Balneario s/n. 27004. Lugo

 43°00'06.5" N 7°33'39.5" W

 Tel. 982 22 12 28

balneario@balneariodelugo.com

www.balneariodelugo.com

 Características das augas: Sulfurado- sódicas, bicarbonatadas, hipertermais.

Indicacións terapéuticas: reumatismos crónicos, crónicos inflamatorios, dexenerativos, non articulares. Afeccións respiratorias como farinxites, rinitis, sinusitis, larinxitis, bronquites, asma, etc. Enfermidades da pel, tensión e esgotamento físico.

 

 

Augas Santas

 

 

Iberik Augas Santas Balneario & Golf

Zona Os Baños, s/n. 27430. Pantón. Lugo.

42°30'47.9" N 7°36'16.9" W

 Tel. 982 29 28 00

reservas.augassantas@iberikhoteles.com

Web do establecemento.

Características das augas: Augas sulfuradas, bicarbonatadas e sódicas.

 Indicacións terapéuticas:

 Augas Bicarbonatadas: estimulan a secreción encimática pancreática, aumentan o poder saponificante da bile e alcalinizan os ouriños e o PH gástrico

Augas Sulfuradas: están indicadas en procesos reumatolóxicos, dermatolóxicos e respiratorios.

Augas Sódicas: están indicadas en procesos gástricos que cursan con hiperacidez.

 

 

Río Pambre

Hotel Balneario Oca Río Pambre

Vilariño, Sambreixo, s/n. 27200. Palas de Rei. Lugo

 42°51'38.4" N 7°56'07.5" W

 Tel. 982 15 32 32

info@balnearioriopambre.com

 www.balnearioriopambre.com

Características das augas: sulfuradas, fluoradas, bicarbonatadas e sódicas.

Indicacións terapéuticas: aparello locomotor, aparello respiratorio, enfermidades da pel, reumatolóxicas, estrés, descanso.

Balneario

Hotel Iberik Gran Balneario de Guitiriz & Golf

Ctra. del Balneario, s/n, 27300 Guitiriz, Lugo

43º10'30.17" N     7º52'56.20" W

T. 982 920 090

clubtermal.guitiriz@iberikhoteles.com

https://iberikhoteles.com/hoteles/iberik-guitiriz-balneario-golf/balneario/