Saborea

Saborea a túa provincia son unha serie de xornadas concebidas como unha experiencia gastronómica de carácter itinerante pensada para presentar unha mostra representativa dos máis destacados produtos gastronómicos de proximidade e promocionar a labor de toda a cadea de valor ligada á gastronomía lucense, dende os productores/as locais ata os cociñeiros/as.

O programa artéllase en nove eventos que se celebrarán entre finais de xullo e o mes de setembro de 2022, cun desenvolvemento similar, presentando diferentes espazos coas súas actividades: concertos,  demostracións culinarias (show cooking), escaparate de promoción de productos, degustacións, obradoiros de cociña para os nenos e nenas, sorteos de produtos gastronómicos lucenses, etc.

As nove localidades que acollen estes eventos están pensadas para que toda a provincia se sinta representada, alternando zonas de costa e de interior para dar cabida á diversidade de paisaxes que se traducen na riqueza gastronómica que atesoura a nosa provincia, como froito da fusión entre o territorio, a cultura e o coñecemento e as formas de vida.

Con Saborea a túa provincia, a Deputación de Lugo contribúe ao impulso do Pacto Verde da Unión Europea e a súa estratexia “Da Granxa á Mesa”, xa que os produtos cos que se traballará son sostibles, de proximidade e representativos da nosa provincia. Igualmente, cada proposta gastronómica constitúe unha divulgación de coñecemento do noso Know how.

faba
mel
porco celta
san simon

 

lacón de Galicia
Pataca Galega
Pemento de Mougán
Tarta de Santiago
LOCALIDAD FECHA DEGUSTACIÓN

PANTÓN

30/07/2022 ROAST BEEF DE VACA GALEGA CON TOMATE SECO, CASTANAS E QUEIXO DA RIBEIRA SACRA
CHANTADA 31/07/2022 GYZAS DE CORDEIRO E QUEIXO AZUL DE AIRAS MONIZ
TABOADA 13/08/2022 STEAK TARTAR DE VACA CACHENA DA GANDEIRÍA CAS FIDALGO
TRABADA 14/08/2022 ALBÓNDEGA DE PESCADA DE BURELA CON FABA IXP DE LOURENZÁ EN SALSA DE MEL IXP CONDE SANTO. 
O VALADOURO 20/08/2022 TAPA DE FABAS, TENREIRA E MEL ELABORADA POR NARDO EIROA.
VILALBA 21/08/2022 DUMPLING DE GALO DE MOS CON ESCUMA DE QUEIXO SAN SIMÓN
A FONSAGRADA 27/08/2022 BOCATA DE ORELLA DE CERDO EN TEXTURAS CON PAN BRIOCHE.
NAVIA DE SUARNA 28/08/2022 BROWNIE DE CASTAÑAS, DOCE DE PERA E CUMIO DE NUECES
POL 02/09/2022 SOLOMBO HOISIN

 

 

1
2
3
4

PROGRAMACIÓN POR CONCELLO

 

Saborea