Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo

Os Bens de Interese Cultural ou Bens B.I.C. son aqueles bens inmateriais, inmobles ou mobles que teñen determinada singularidade e pertencen ao patrimonio cultural. Son declarados como tal por decreto do Consello da Xunta de Galicia e incorporados ao Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

A declaración dun ben como B.I.C. supón unha especial protección sobre todo se se tratan de bens materiais como poden ser os monumentos, zonas arqueolóxicas sitios ou xardíns históricos.

Ao longo da provincia de Lugo contamos con máis de cen bens incluídos no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, un patrimonio que debemos preservar e transmitir.