Presentación del Plan Estratégico de Turismo

 

O Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo

Para dar resposta de forma planificada ás súas competencias en materia de Turismo, a Deputación de Lugo elaborou en 2017 o Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020. Os alicerces deste Plan son: a redefinición do modelo de xestión e gobernanza turística do territorio, o desenvolvemento dunha oferta diferencial, a consolidación da tendencia á alza da demanda turística, a mellora da competitividade e a dotación ao sector de ferramentas para a innovación.

Os obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo foron definidos despois dun proceso de participación no que estiveron presentes case 250 axentes de todos os ámbitos e sectores vinculados co turismo.

Para trazar a folla de ruta que permitirá dar cumprimento aos obxectivos sinalados definíronse seis liñas estratéxicas referidas á reorientación da xestión turística, a posta en valor dos recursos patrimoniais, a consolidación e creación da carteira de produtos turísticos da provincia, a profesionalización do tecido empresarial e a definición dun plan de promoción e comercialización dos produtos prioritarios.

Preme na seguinte imaxe e consulta o resumo executivo do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020:

Plan Estratéxico