Lugo Cambia


Precisas un cambio? Lugo cambia
 

Lugo Cambia é a marca de Turismo da provincia de Lugo que foi presentada en FITUR 2017.

Pero Lugo Cambia é moito máis ca un logotipo ou lema. É toda unha afirmación que se anticipa aos sentimentos de quen visita esta Provincia. Porque Lugo é ese lugar que che faltaba por coñecer e ao que sempre voltarás. É ese lugar que che ofrecerá a posibilidade de achegarte a distintas realidades nun mesmo territorio, que che sorprenderá a cada paso e onde nada che deixará indiferente.
 

 

Unha viaxe polos sentimentos da man de Martín Barreiro


Martín Barreiro Carreira (Lugo, 1977) é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa andaina profesional no ámbito da meteoroloxía iniciouse no ano 2002 na entidade Meteogalicia e na Televisión de Galicia, onde exerceu como presentador, ademais de como asesor científico na Radio Galega. No ano 2010 deu o salto a Televisión Española para presentar os informativos do Tempo a nivel nacional e onde tamén colabora co programa Aquí la Tierra.


En FITUR 2018, Martín Barreiro foi presentado como embaixador do turismo da provincia, converténdose en protagonista de traballos audiovisuais nos que convida a realizar unha viaxe polos sentimentos percorrendo os distintos recunchos de Lugo.

 

Martín Barreiro en Unha viaxe que te cambiará para sempre

 

No ano 2019, Martín Barreiro volveu a ser o protagonista da nova campaña presentada en FITUR onde se mostra as diferentes festas que se poden desfrutar na provincia.

 

Martín Barreiro en Provincia de Lugo, moito que celebrar

 

Campaña Lugo Cambia

 

Provincia de Lugo: valo perder?