Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

30 pilotos participan no VII Rally Turístico Terras do Incio co que colabora a Deputación

pilotos
VII Rally Turístico
Terras do Incio
30 pilotos participan no VII Rally Turístico Terras do Incio co que colabora a Deputación
Este mércores comezou a sétima edición do Rally Terras do Incio reunindo a 30 participantes que visitarán ata o 8 de xullo a provincia coñecendo o patrimonio turístico e gastronómico

Vidal Baamonde sinalou que “apostamos por eventos que impulsen e dinamicen a economía da provincia. É unha oportunidade para que os 30 participantes percorran e coñezan a nosa xeografía”


Este mércores deu saída dende Astorga a sétima edición do Rally Turístico do Incio, que se celebrará ata o 8 de xullo pola xeografía galega reunindo a 30 coches clásicos de España, Portugal e Francia. O xoves chegarán á cidade de Lugo e farán unha pequena parada na Praza de San Marcos. O Goberno Provincial colabora cunha achega de 3.000 euros.

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, sinalou que “dende o Executivo Provincial apoiamos un ano máis a celebración deste rally, xa que apostamos por eventos que impulsen e dinamicen a economía da provincia. É unha oportunidade para que os 30 participantes percorran e coñezan a nosa xeografía”.

O obxectivo desta ruta é promocionar un turismo de calidade para estimular a economía local desfrutando da gastronomía e da cultura. Os coches participantes deste rally turístico son modelos clásicos de: Mercedes, Porsche, Mustang, Chebrolet Corvette ou Maseratti, entre outros.

O Rally
O Rally Terras do Incio celebrase do 3 ao 8 de xullo. O percorrido comeza en Astorga, pasando polo Barco de Valdeorras, Lugo, O Incio, Friol, Arzúa e finalizará en Santiago de Compostela. A ruta tamén seguirá por Pontevedra e Vigo.

Ademais do propio percorrido inclúense actividades complementarias de tipo cultural como poden ser visitas a lugares emblemáticos como a Igrexa de Hospital, Cruz do Incio, a Praza do Obradoiro, a Catedral de Santiago, Costa da Morte, Finisterre.