Deputación de Lugo
Turismo

O Páramo celebra a XLIII Edición das Feiras e Festas de Primavera, co apoio da Deputación

O Páramo
turismo
XLIII Edición das Feiras e Festas de Primavera
A tradicional cita terá lugar esta fin de semana e nela os visitantes poderán desfrutrar de exposicións permanentes de maquinaria agrícola, artesanía pintura ou obradoiros de cestería para nenos e adultos, así como actuacións musicais

A noite do venres estará amenizada polo grupo folk Luar na Lubre. O sábado a cita será coa Feira de Gando, organizada en colaboración con ACRUGA e o domingo será o momento da Feira Cabalar, co espectáculo de doma Magos de la Equitación

O Deputado en funcións pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, o Alcalde do Páramo en funcións, Gumersindo Antonio Rodríguez Liz, membros da Asociación de Amigos do Campo da Feira e outras autoridades, participaron este venres na inauguración da XLIII Edición das Feiras e Festas de Primavera en O Páramo. O acto estivo amenizado pola banda de acordeóns O Folión e contou co pregón a cargo do Director do Diario El Progreso, Alfonso Álvarez Riveiro.

Esta festa, que conta coa colaboración da Deputación, cunha achega de 8.000 euros, celébrase desde hai case medio século no Campo da Feira de Vilarmosteiro, e ten gran sona na comarca, grazas aos numerosos visitantes que acoden, atraídos pola feira cabalar, que se celebrará o domingo e que contará co espectáculo de doma Magos de la Equitación a cargo da Escola El Centauro, de Valladolid. Outro dos atractivos da cita é a Feira de Gando, que terá lugar o sábado, organizada coa colaboración de ACRUGA, cunha mostra, un concurso e un desfile de Rubia Galega.

A noite do venres estará amenizada cun concerto de Luar na Lubre, un dos grupos galegos con máis renome, grazas aos seus máis de 30 anos de historia. Durante os tres días centos de visitantes poderán desfrutar de exposicións permanentes de maquinaria agrícola, artesanía e pintura, ademais de obradoiros de cestería para nenos e adultos.

Programa

Venres 7:
-    10:00 horas: Lanzamento de foguetes e actuación dunha charanga.
-    12:00 horas: Actuación da Banda de Acordeóns.
-    13:00 horas: Inauguración das Feiras a cargo das autoridades.
-    14:10 horas: Actuación da banda O Folión.
-    14:30 horas: Pregón Oficial.
-    15:00 horas: Xantar Oficial.
-    23:30 horas: Concerto de LuarnaLubre.
-    01:00 horas: XI Festa da Xuventude.

Sábado 8: Feira de Gando:
-    10:00 horas: Apertura da Feira de Gando.
-    10:30 horas: Lanzamento de foguetes e pasarrúas.
-    12:00 horas: Clasificación do gando polos servizos veterinarios.
-    12:15 horas: Actuación de grupos folclóricos.
-    17:00 horas: Desfile de gando e entrega de trofeos.

Domingo 9: Feira Cabalar
-    10:00 horas: Lanzamento de foguetes e pasarrúas.
-    11:30 horas: Actuación de grupos folclóricos.
-    18:00 horas: Mostra de doma co espectáculo Magos de la Equitación da escola de Equitación El Centauro de Valladolid.
-    19:30  horas: Actuación de grupo folclóricos.
-    Verbena.

 

XLIII Edición das Feiras e Festas de Primavera