Deputación de Lugo
Turismo

Presentada a programación da Semana Santa de Lugo que comeza mañá

Semana Santa
Lugo
Presentada a programación da Semana Santa de Lugo que comeza mañá

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto con outras autoridades, asistiu este xoves á presentación da Semana Santa 2019 de Lugo na Catedral. A cita, que conta co apoio da Deputación, inclúe unha programación cultural con concertos que se celebrarán a partir deste venres día 5, e que se prolongarán ata o día 14 de abril, Domingo de Ramos, cando darán comezo as procesións. Vidal Baamonde remarcou “o interese turístico desta cita relixiosa, con procesións singulares como a das Caladiñas, ou a da Virxe Da Esperanza, que cada ano atrae a máis visitantes a cidade das murallas”.