Deputación de Lugo
Turismo

O pasado e as tradicións de Ferreira do Valadouro enchen a vila no seu 125 aniversario

O Valadouro
Mercado de Primavera
XIII Mercado Tradicional de Primavera do Valadouro
As rúas de Ferreira acolleron durante a xornada de onte e hoxe o XIII Mercado Tradicional de Primavera do Valadouro, unha cita que busca rememorar o pasado labrego da vila. Campos Conde e Maseda Maseda participaron este sábado nos actos

Durante estas xornadas puidéronse desfrutar de concertos, pasarrúas, desfiles de rozas e roupa tradicional entre outras actividades. O peche deste mercado estivo protagonizado polos concertos de Susana Seivane e Ruxe-Ruxe

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, participaron este sábado no XIII Mercado Tradicional de Primavera do municipio mariñán, co que colabora a Deputación. Ao longo da xornada de onte e hoxe, os veciños caracterizáronse con roupa tradicional, como as zocas, unha sinal de identidade deste sinalado mercado, e rememoraron o pasado labrego da vila. A celebración desta edición do mercado coincide co 125 aniversario da vila.

Campos Conde subliñou que “esta cita é unha oportunidade única para visitar a Mariña Lucense, e ao mesmo tempo desfrutar dun mercado tradicional con todo tipo de eventos como o desfile de zocas, concertos ou a ruta de tapas”.

Durante estas xornadas puidéronse desfrutar de concertos, pasarrúas, desfiles de rozas e roupa tradicional, ruta de tapas, exposición de zoqueiros, demostracións de oficios tradicionais, exhibición de baile, entre outras actividades. A vila tamén presentou decoración acorde coa temática do mercado, houbo demostracións de oficios tradicionais e ruta de tapas. O peche desta edición correu a cargo de Susana Seivane e Ruxe-Ruxe.

XIII Mercado Tradicional de Primavera do Valadouro