Deputación de Lugo
Turismo

A Feira do Viño de Chantada chega á súa 37ª edición coa participación de 16 adegas da zona

Chantada
Feira do Viño
Imaxe deputación de lugo
O evento, que comezou o venres 8, estreou a tempada de feiras do viño da Ribeira Sacra coa participación de 16 adegueiros da zona. O prezo mínimo de venda ao público estableceuse en 7 euros a botella para o Tinto Xove e o Branco Xove

Durante estes 3 días, puxéronse á venda entre 20.000 e 25.000 litros de viño, polo que se estima un volume de negocio entre os 140.000 e os 150.000 euros

Paralelamente, celebrouse a 11º Feira de Oportunidades, cunha carpa instalada na Avenida de Monforte, onde se dan cita 45 comerciantes do municipio para poñer á venda produtos locais é máis de artesanía

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participou este domingo na 37º Feira do Viño de Chantada, coa que colabora a Deputación cunha achega de 3.000 euros. O evento, que comezou o venres 8 de marzo, estreou a tempada de feiras do viño da Ribeira Sacra coa participación de 16 adegueiros da zona, que están representados con outros tantos postos de venta de viño nunha carpa instalada na Praza de Galicia.

O prezo mínimo de venta ao público estableceuse en 7 euros a botella, para os viños Ribeira Sacra, tanto o Tinto Xove como para o Branco Xove. Durante estes 3 días, puxéronse á venda entre 20.000 e 25.000 litros de viño, polo que se estima un volume de negocio entre os 140.000 e os 150.000 euros.

Nesta 37 edición participaron 16 adegas, 14 de Chantada, unha dos Peares e unha de Taboada. Son as seguintes: Adega Enonatu-Roberto Regal; Lareu Sabatelivs; Vía Romana; Amedo; Terras de Bendaña; Condado de Sequeiras; Albarduxe; Viña Garoña; Cabo do Mundo; Pilares de Belesar; Instinto Romano; Calexotes; Cipreses; Do Fortes; Teijeiro Lemos; e Santa María de Nogueira. Todas facilitaron un total de 144 botellas de viño para a cata popular que tivo lugar o sábado 9.

Programación
Despois de tres xornadas festivas, a clausura do evento tivo lugar este domingo cunha programación que comezou cunha cata oficial ás 10:00 horas. A música de ruada (con Os Barrios), charanga (con NBA) e a Banda de Gaitas de Chantada, que amenizaron a mañá ata a hora do pregón, ás 13:00 horas, que correu a cargo de Cuqui Silva. Os premios desta 37º edición entregáronse ás 16:00 horas. A música continuou pola tarde e pechou a convocatoria deste ano a orquestra Televisión. Ao longo da xornada tamén houbo obradoiros e ocioteca infantís, da man de Velaísca, para maiores de tres anos, na Casa da Música (Auditorio Municipal).

11ª Feira de Oportunidades
Paralelamente á feira do viño, instalouse outra carpa na Avenida de Monforte para celebrar a 11ª Feira de Oportunidades da Asociación de Empresarios de Chantada, na que participan 45 representantes dos comercios do municipio, con postos de venda de produtos locais e máis de artesanía.