Deputación de Lugo
Turismo

O Deputado de Turismo “desmonta as calumnias do PP” sobre os catamaráns e pídelle que rectifique ou acode á xustiza

turismo
catamaráns
Eduardo Vidal Baamonde
eduardo vidal
- Vidal Baamonde amosou publicamente os seguros de 2018, os permisos de navegabilidade de 2018 e as ITBs con vixencia dende 2018 a 2021 das embarcacións
- “O PP debe saber que na política, como en todos os ámbitos da vida, non todo vale. Non podemos consentir a mentira e a calumnia, máis aínda cando estas van moito máis alá do desprestixio a unha persoa ou goberno. O PP dana a imaxe dun servizo que supuxo que 60.000 persoas coñecesen, mercasen ou pernoitasen na Ribeira Sacra”
- “60.000 persoas ás que o Partido Popular lle fixo dubidar sobre a súa seguridade, ao igual que a todas as que teñan feito xa as súas reservas para esta nova tempada ou teñan intencións de visitar a Ribeira Sacara e viaxar nos cataramáns”
- “O PP está a facer dano a todos os lucenses e a toda a provincia. Díxenlles que lles ía a dar o beneficio da rectificación e vou a cumprir coa miña palabra. Agardo que o PP rectifique publicamente. Se non o fai, emprenderei todas as medidas legais posibles”

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, desmontou este xoves as “gravísimas acusacións” do Partido Popular sobre o servizo de catamaráns, amosando publicamente todos os permisos legais que garanten a seguridade das embarcacións (seguros de 2018 permisos de navegabilidade de 2018 e ITBs con vixencia dende 2018 e ata 2021). Con toda esta documentación pública na man, que amosou aos medios comunicación e puxo a disposición de todos os interesados, Vidal Baamonde demostrou que “o PP mentiu e calumniou” e pediulle que rectifique xa “por todo o dano ocasionado” ou acode a xustiza. 

“Na política, como en todos os ámbitos da vida, non todo vale”
“Vai sendo hora de que o Partido Popular saiba que na política, como en todos os ámbitos da vida, non todo vale. De ningún xeito podemos consentir nin a mentira, nin a calumnia. Máis aínda, cando estas mentiras e calumnias do Partido Popular van moito máis aló do dano que poidan ocasionar á miña persoa ou á dos meus compañeiros no Goberno da Deputación. O Partido Popular está a danar a imaxe e o valor dun servizo, como o dos catamaráns, que é capaz de atraer a nosa provincia, á Ribeira Sacra en particular, a 60.000 persoas, como o fixo o ano pasado”. 

“O PP desprestixiou un servizo que xera riqueza na provincia”
“60.000 persoas que desfrutaron da beleza única da Ribeira Sacra, que mercaron, consumiron ou pernoitaron nos seus establecementos, xerándolles importantísimos beneficios e contribuíndo, notablemente, ao impulso económico da nosa provincia”.

“O PP fixo dubida sobre a súa seguridade aos usuarios dos catamaráns”
“60.000 persoas ás que o Partido Popular lle fixo dubidar sobre a súa seguridade, ao igual que a todas as que teñan feito as súas reservas ou teñan intencións de viaxar nos cataramáns e visitar a Ribeira Sacra”.  

“As mentiras e calumnias do PP fan dano á toda a provincia e a todos os lucenses”
“Polo tanto, como dicía, a absoluta irresponsabilidade do Partido Popular, as súas mentiras e calumnias, van moito máis alá do dano ou desprestixio que lle poidan causar a miña persoa ou ao Goberno da Deputación. O PP está a facer dano a todos os lucenses e a toda a provincia. Díxenlles no Pleno que lles ía a dar o beneficio da rectificación e vou a cumprir coa miña palabra. Agardo que o Partido Popular rectifique publicamente. Se non o fai, emprenderei todas as medidas legais posibles. Pois, como digo, na política, como nesta vida, non todo vale”. Vidal Baamonde irá a xustiza persoalmente, pois o PP tamén o chegou a acusalo de “falsear documentación publica”. “Basta xa das mentiras e calumnias do Partido Popular. Porque esta é unha das milleiras que o PP emprega a cotío na súa particular forma de entender a política, facendo moito dano á cidadanía”.