Proxectos emblemáticos

Elaboración dun proxecto de Micoturismo en Ancares – Courel

O micoturismo ou turismo baseado nas setas, xa sexa a través do seu estudo, fotografía, degustación, etc… ten un enorme potencial, sobre todo nas comarcas de Ancares e O Courel. É por iso que a Deputación Provincial de Lugo, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, impulsa unha serie de actuacións para potenciar este tipo de turismo.

Entre as actividades realizadas, atópanse:

- Realización dun estudo e inventariado da biodiversidade micolóxica dos territorios.

- Accións formativas no campo da micogastronomía dirixidas a profesionais da hostalería e a restauración das comarcas de Ancares e O Courel. Este evento didáctico de ciencia cidadá ten con fin difundir valores ambientais do territorio e a atracción dun turismo sostible dirixido ao público en xeral.

- Potenciación da “Festa da Cantarela” e dun concurso fotográfico paralelo á mesma; trátase dunha festa de exaltación ao produto máis tradicional da zona: “A cantarela”, unha especie de seta que se atopa de forma excepcional neste territorio.

- Desenvolvemento de accións formativas vinculadas á micoloxía nos centros educativos do territorio.

- Realización de accións publicitarias e de difusión de devandito proxecto, así como desenvolvemento de material didáctico.

- Publicacións de artigos científicos vinculados á micoloxía nas comarcas de Ancares e O Courel.