ZEC Parga - Ladra - Támoga

En plena Reserva da Biosfera Terras do Miño, as terras de auga e pedra acollen xenerosos cursos fluviais que alimentan o caudal do pai Miño, coma os dos ríos Parga, Ladra e Támoga. Dende aquí, a influencia dos lentos trazados dos ríos únese á pouca permeabilidade do chan, o que dá lugar á formación de  pequenas superficies configuradas por diferentes humidais que forman parte do chamado complexo húmido da Terra Chá, xunto con bosques de ribeira e paisaxes agrarias modeladas polo Home.

As lagoas de Cospeito, Caque e Riocaldo son algúns dos espazos naturais de maior relevancia no conxunto desta Zona de Especial Conservación, estando consideradas puntos estratéxicos para a observación de aves.

 

Imaxe
Río Ladra