ZEC Canón do Sil

Os 25 últimos quilómetros que o Sil percorre ata o seu encontro co Miño constitúen un dos maiores prodixios xeolóxicos de Galicia. A profunda garganta granítica que o curso fluvial foi labrando identifícase como o simbólico punto de confluencia entre as provincias de Ourese e Lugo e o buque insignia da Ribeira Sacra, terra de ermitáns onde a pegada medieval deixou na contorna dos cursos fluviais una das maiores concentracións de románico rural de Europa.

As singularidades climáticas da zona propician a convivencia de bosques autóctonos con especies mediterráneas como érbedos e sobreiras. O cultivo da vide en bancais de vertixinosa pendente fai deste espazo un lugar cheo de dinamismo que nos últimos anos se consolidou como un referente para o turismo rural e enolóxico e cuxos caldos son xa coñecidos a nivel internacional.

 

 

Imaxe
Sil