Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa na XXX Festa da Androlla de Navia de Suarna

Festa da Androlla
turismo
Navia de Suarna
A Deputación de Lugo participa na XXX Festa da Androlla de Navia de Suarna

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias Fernández, e o Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participaron este domingo na XXX Festa da Androlla de Navia de Suarna, que reuniu a máis de 2.000 persoas. Nesta cita gastronómica, que a Deputación impulsa cunha achega de 3.000 euros, puxéronse á venda máis de 1.000 quilos deste produto típico da Montaña.