Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación impulsa unha nova edición da Festa da Queima das Fachas, que se celebrará dende o vindeiro sábado ao luns

Pilar García Porto
Queima das Fachas
Taboada
Presentación Festa da Queima das Fachas
García Porto sinalou na presentación da cita cultural que se trata “dunha tradición importante para a contorna, pero tamén para toda Galicia porque quedan moi poucas celebracións destas características”

A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde de Taboada, Ramiro Moure, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, e o Presidente da Asociación Cultural as Fachas, Manuel Fidalgo, presentaron este mércores na Escola de Castelo, no municipio taboadés, a Festa da Queima das Fachas, que se celebrará entre o vindeiro sábado e o luns. A Deputación colabora con este evento cunha achega económica de 3.000 euros.

García Porto sinalou que é unha cita cultural “que permite manter viva unha tradición importante, non só polo que representa a nivel cultural, que o ten, senón a nivel etnográfico. Unha tradición importante para a contorna, pero tamén para toda Galicia, porque quedan moi poucas celebracións destas características”. “Este tipo de eventos dinamizan social e economicamente a comarca”, subliñou. 

Trátase dunha festa de tradición celta, que se mantivo durante a época romana, ata o punto de sobrevivir ata os nosos días. Asistir á Queima das Fachas, declarada de Festa de Interese Turístico de Galicia, é unha viaxe á cultura galega máis ancestral. Na festa quéimanse arredor dunha trintena de fachas encima do castro.

Programación 
Sábado 7: 
21:00 horas: dará comezo a festa cunha gran pulpada, amenizada por un grupo de gaitas.
23:30 horas: terá lugar a tradicional Queima das Fachas. A noite culminará coa celebración dunha gran verbena. 

Domingo 8: 
13:30 horas: oficiarase a misa solemne en honor a Santa María, continuada da sesión vermú. 
A noite estará animada por actuacións musicais.

Luns 9: 
13:30 horas: misa solemne e sesión vermú, coa animación de actuacións musicais.