Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación colabora co Festival da Vendima de Negueira de Muñiz cunha achega de 3.000€

José Tomé Roca
Negueira de Muñiz
Festival da Vendima
Sinatura Convenio Festival da Vendima
O Presidente mantivo un encontro co presidente da Asociación para o Desenrolo Rural Integral da localidade, Luis Río Muíña, no que asinaron o convenio da subvención nominativa que a institución provincial lle concede á entidade

O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo este martes un encontro co presidente da Asociación para o Desenrolo Rural Integral de Negueira de Muñiz, Luís Río Muíña, co obxectivo de asinar o convenio regulador dunha subvención nominativa por importe de 3.000 euros que a entidade provincial lle concede ao colectivo.

A finalidade desta axuda é colaborar na organización do Festival da Vendima que se celebra nesta localidade da Montaña de Lugo. Un evento que inclúe dúas citas: o Festival do Alto Navia e a Xornada da Vendima, que buscan dinamizar a localidade poñendo en valor a tradición vitivinícola con visitas ás bodegas, música en directo, actividades paralelas e música tradicional.