A Rede Natura 2000

A provincia de Lugo ocupa un lugar privilexiado no ámbito dos espazos protexidos ao amparo da Rede Natura 2000, que abarca as denominadas Zonas de Especial Conservación e Zonas de Especial Protección de Aves, en atención á presenza de hábitats e especies que figuran nos anexos das directivas que regulan a maior rede de espazos naturais protexidos da Unión Europea.

Dentro das Zonas de Especial Conservación, Lugo conta actualmente cunha superficie declarada de 146.347 ha, a maior das provincias galegas. Estes espazos circunscríbense na súa maioría á rexión biogeográfica atlántica, a excepción do Canón do Sil, integrado na rexión bioxeográfica mediterránea, e aos espazos naturais de Ancares- Courel e Río Cabe, que contan con superficie integrada en ambas rexións.

A superficie declarada Zona de Especial Protección de Aves ascende a 15.833 ha na provincia de Lugo, e abarca puntos estratéxicos considerados de referencia internacional para a observación ornitolóxica.

Os espazos Rede Natura 2000 son auténticas reservas de flora e fauna e configúranse como lugares con gran magnetismo, cheos dun colorido cambiante ao longo do ano e con matices que non deixarán de sorprender ao viaxeiro.

 

Río Landro
A Marronda
Carballido
Monte Faro
Costa da Mariña Occidental
Serra do Careón
Parga- Ladra- Támoga
Río Ouro

 

Máis información nas seguintes ligazóns:

A Marronda  Ancares-Courel   Negueira   Canón do Sil   Carballido   Cruzul-Agüeira   Parga-Ladra-Támoga  Ría de Foz-Masma   Río Landro   Río Ouro  O Xistral   Río Cabe   Costa da Mariña Occidental   Pena Veidosa   Río Eo   O Careón   Monte Faro   Monte Maior   As Catedrais   Ría de Ribadeo